![Festa do Carme de Corcubion 2017-Foto-Rafa Quintans]()
Procesión marítima da Festa do Carme de Corcubión-Foto-Rafa Quintans
Como cada ano,
non falta ninguén ás Festas do Carme. Son, con seguridade, as Festas máis simbólicas de cantas tempos pola Costa da Morte. Unha festa que é un sentimento moi fondo de todas as familias que dependen do mar, e que teñen
nesas emotivas procesións marítimas do Carme, un dos grandes tesouros etnográficos da bisbarra.
Vilas como Corcubión, Camariñas, Muros ou Corme disfrutan cada ano desta celebración. Primeiro toca sacar á Virxe da Igrexa, e facer a procesión pola vila, ata o peirao. Nalgún caso acompañada da danza de Arcos, como en Camariñas.
Dende o peirao toca alzala ao barco de turno, e a emoción xa comeza encher cada barco. Todo o pobo, engalado coas súas mellores galas soben nos barcos pesqueiros, que por un día cambian os aparellos e os peixes, polos guap@s veciñ@s. Algún non se atreve a subir, porque xa se mareou algún que outro ano e prefire quedar en terra firme. Outros disfrutan co paseo ata o medio da ría, para facer a entrega da ofrenda floral.
Este ano a cita en Corcubión estivo marcada polo caso Ferroatlántica e foron varias as embarcacións que luciron a bandeira de "As nosas rías non se venden", en apoio á loita dos traballadores contra o peche das fábricas.
Volta a terra, volta á Igrexa, e adiante a sesión vermú, que non só de devoción vive o home.
![Procesion Maritima do Carme de Corcubion cos traballadores de Ferroatlantica-Foto-David Trillo]()
A Procesion Maritima do Carme de Corcubion cos traballadores de Ferroatlantica-Foto-David Trillo
![Procesión marítima da Festa do Carme de Corcubión-Foto-Rafa Quintans]()
O patrón Miguel foi o encargado de levar este ano á Virxe a bordo do Santa Ana en Corcubión-Foto-Rafa Quintans
Aquí vos deixamos cun fermoso vídeo de Paco González.
[fbvideo link="https://www.facebook.com/paco.gonzalez.520125/videos/10212262956560567/" width="800" height="500" onlyvideo="1"]
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasnacosta.com).