Venres. 19.04.2024
El tiempo

As Redeiras do Peirao entregan a Medalla de Ouro ao Mérito no Traballo ao Museo do Pobo Galego

As Redeiras do Peirao entregan a Medalla de Ouro ao Mérito no Traballo ao Museo do Pobo Galego
Redeiras O Peirao coa Medalla de Ouro ao Traballo

O ano pasado, a Federación de Redeiras Artesás de Galicia O Peirao, con base en Malpica, recibía unha das 14 medallas, a Medalla de Ouro ao Mérito no Traballo, outorgadas polo Consello de Ministros, que decidiu recoñecer con este distintivo o esforzo que realiza o colectivo por “lograr o recoñecemento da igualdade de dereitos nun labor, o de quen fabrica e pon a punto as redes de pesca, que non se considerara antes oficio”. Ademais do seu gran valor social, o Goberno destacou a aportación das redeiras ao patrimonio cultural de Galicia.

Este ano tócalle ao Museo do Pobo Galego recibir ese galardón e o acto de entrega do relevo foi moi emotivo. O alcalde de Malpica, Eduardo Parga, e o concelleiro Miguel Fernández acompañaron hoxe ás redeiras malpicás no acto de cesión da Medalla. A malpicá Verónica Veres, presidenta da Federación de Redeiras Artesás de Galicia, fixo entrega da medalla ao presidente do padroado do Museo do Pobo Galego, Justo Beramendi.

A Federación de Redeiras Artesás agrupa a unha decena de entidades de Cedeira, A Gurada, Cangas, Cambados, Cariño, Burela, Corme e Malpica. Dende o ano 2004 vén traballando pola defensa dos intereses das redeiras profesionais, na divulgación do seu labor tradicional, na prevención de riscos laborais, na formación das asociadas e na denuncia do intrusismo.

Novas relacionadas

Comentarios