O BNG considera ridícula a cota de 30 kg/tripulante/día que Rosa Quintana lle outorga ao xeito


O BNG de Fisterra censura o establecemento dunha cota que califica de “ridícula”, de 30 quilos/tripulante/día para a pesca da sardiña coa arte do xeito que acaba de impor a conselleira do Mar, Rosa Quintana. Unha proposta que xorde polo goberno de Madrid no 2015 e asumida pola titular da consellaría, Rosa Quintana, quen para o BNG “renuncia, unha vez máis, a exercer as súas propias competencias, dado que esta actividade se desenvolve en augas interiores e pon na picota, de novo ao igual que pasou coa intención de da UE de prohibir o xeito, a unhas 427 embarcacións que deberían ser exemplo de sostenibilidade e emprego”.
Ademais, o grupo xa calificara de desoladora a posición da Federación de Confrarías de Galicia, máximo órgano de representación dos mariñeiros galegos, ”por ter aceptado a imposición dunha cota anual e un reparto por mensualidades que en apenas unha semana xa se evidenciou insuficiente e ineficaz, que obrigaba ao sector do xeito a xestionar a miseria dunha cota anual de 200 toneladas de sardiña. ”.
Agora se ve totalmente insuficiente na época estival, cando un significativo número de embarcacións, que non todas, buscan nesta especie un medio para poder capear as baixas capturas e os minguados prezos do verán.
Esixencias
Dende o sector sempre reclamaron “a exención de cotas para a pesca artesanal en augas interiores, en maior medida para o arte do xeito, dado o pequeno tamaño das embarcacións, o reducido número de tripulantes (1,2 ou 3), o tamaño das redes e a súa escasa incidencia sobre o stock da sardiña”.
Antes Bruxelas e agora a Xunta seguen afogando aos mariñeiros do xeito. Unha arte que é exemplo de como en Galicia se realiza a actividade pesqueira con respecto ao medio ambiente, que non causa capturas accidentais, realizado por pequenas embarcacións, que xeran moito emprego e reparten linealmente a actividade e os ingresos con escasas capturas.
Novas relacionadas
- Calafateando: A veda do polbo: necesaria… pero suficiente?.
- Abril 16: O sector implícase na coxestión da Gran Reserva Mariña da Costa da Morte.
- Maio 16: A Pesca artesanal volve ás rúas contra o arrastre.
Fonte
- BNG.