Venres. 23.08.2019
El tiempo

O PSdG achegouse ao Pindo para comprobar os problemas do saneamento

O PSdG achegouse ao Pindo para comprobar os problemas do saneamento
Visita do PSdG ao Pindo Visita do PSdG ao Pindo Visitaba esta pasada tarde de venres O Pindo a deputada socialista no Parlamento Loli Toja e o portavoz socialista no Concello de Carnota, Suso Campos. Comprobaron de primeira man o estado do saneamento que tanto levan denunciando 22 anos os veciños da vila. Unha situación que ve agravada ultimamente, debido aos elevados índices de augas fecais, así como no verán que ocasionan cheiros nauseabundos, e afecta a calidade de vida dos veciños, que protestan ante os atrasos continuos, pero non obteñen resposta. Os veciños contáronlle as inciativas que levan desenvoltas, como a colleita de 2000 sinaturas do pasado outubro para esixir a Augas de Galicia a adopción de medidas; as analíticas encargadas polos propios veciños que ratifican a presencia de fecais; e as protestas veciñais do pasado decembro. Protestas tralas cales Augas de Galicia se comprometía a entregar as obras estarían finalizadas no primeiro trimestre de 2018, sen embargo, está a piques de rematar, e o compromiso non se cumpliu. Ante esta solución o PSOE no Parlamento unha solución inmediata ante un problema de saúde pública grave.

Retraso tras retraso

O PSOE, que levará o caso ao Parlamento, lembrou a historia de retrasos. Aínda con Touriño no Goberno, Augas de Galicia remitíu en febrero de 2007 aos Concellos de Dumbría e Carnota, o proxecto de saneamento para varias localidades, entre elas O Pindo e Ezaro, orzamentadas en case 3 millóns de euros. As obras tiñan un prazo de execución de 9 meses, pero a día de hoxe 10 anos despois, as obras continúa pendente a recepción da obra. https://www.facebook.com/quepasanacosta/videos/10156075211097177/?t=3

Novas relacionadas

Outras novas

Fonte

Comentarios