Venres. 19.04.2024
El tiempo

Os plásticos do buque Eloane chegan dende Fisterra ata as costas de Portugal

Os plásticos do buque Eloane chegan dende Fisterra ata as costas de Portugal
Garrafas do Eloane esparcidas pola Costa de Portugal Garrafas do Eloane esparcidas pola Costa de Portugal_Fonte-Torres Vedras Antiga

Lembrades aquel buque, “MSC Eloane”, que deixara unha marea de “regalos” en forma de crebas polo nadal nas praias da Costa da Morte? Botes de leite en pó, tabaco, laranxas, latas de cremas, cartuchos de tinta…. Boa parte da carga dos 40 contedores que caeran ao mar a unhas 40 millas de Fisterra pola forte mar que había no Corredor de Fisterra, acabaron nos nosos areais.

Outros materiais dos contedores fixeron máis quilómetros, e levan meses enchendo de plásticos as praias da veciña Portugal. Así nolo contan os compañeiros do espazo Torres Vedras Antiga, que levan colleitando os lugares da costa portuguesa onde varan os plásticos do Eloane.

Nomeadamente as máis habituais son botellas de soro fisiolóxico. Ata 6.000 foron recollidas en Peniche, pero tamén hai rexistros en Cascais, ao longo do Alentejo litora, en Sagres, en Faro, e mesmo ata as zonas de costa andaluzas como Chiclana de la Frontera.

”Con isto pregúntome, o que se fixo cos autores deste crime medioambiental? Que fixeron as túas autoridades?” pregúntanos dende Portugal o activo blog, que conta con máis de 60.000 siareiros no FB.

”Se nada pasa cos responsables deste accidente... este tipo de accidentes continuarán…” lamenta, mentres por aquí recordamos que faltan moi poucos días para celebra o 16º aniversario doutra catástrofe sen responsables, a do Prestige.

Máis información

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/a-xunta-saca-peito-da-xestion-das-crebas-do-eloane-e-esquece-a-labor-dos-voluntarios/

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios