Xoves. 28.03.2024
El tiempo

17 organizacións declaran a alerta social en contra das novas concesións mineiras

17 organizacións declaran a alerta social en contra das novas concesións mineiras

Falabamos a semana pasada da nova ameaza mineira que pon sombra sobre as terras de Soneira e Bergantiños. E a sociedade civil, xa preparada trala exitosa batalla contra o ouro de Corcoesto, non tarda en reaccionar.

Son 17 entidades as que veñen de asinar un comunicado contra a aprobación da concesión baixo o lema “Máis minas contaminantes para Galicia: alerta social”. A Ría Non Se Vende, A Terra Non Se Vende, Asociación autonómica Cova Crea, Asociación autonómica e ambiental Petón do Lobo, Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA), ContraMINAcción, Contraminate, Foro Social de Cangas, Galiza Non Se Vende, Greenpeace, O Iribio, Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños, Plataforma veciñal Corno do Monte, Salva la Selva, Sindicato Labrego Galego, Verdegaia, Véspera de Nada e Voces polo Litoral de Teis secundan a protesta.

Denuncian que o “Goberno da Xunta do PP segue a pensar que "Galiza é unha mina””. Denuncian “dificultades no acceso a información” para analizar a superficie afectada, (unha superficie equivalente a 4.360 campos de fútbol). Recordan que nos Concellos o público non dispón da información necesaria para facer alegacións, e para ver o expediente é necesario trasladarse ata A Coruña.

Denuncian tamén que “a lei de minas é franquista, así como a lei de expropiación forzosa”. E recordan a importancia dos Concellos para manter informada á veciñanza.

Máis minas: “Livia”

A cousa non queda aquí, e segundo denuncia Salvemos Cabana, a empresa Grupo M-FM 2001, S.L., actualmente ten solicitado e tramitándose outro permiso a maiores do xa concedido, baixo a denominación de "Livia”, con afectación en Zas, Mazaricos e Santa Comba.

Area do permiso de investigacion da mina Livia en Zas e Mazaricos-Fonte-Salvemos Cabana Área do permiso de investigación da mina "Livia" que afectaría a Santa Comba, Zas e Mazaricos-Fonte-Salvemos Cabana

Novas relacionadas

Fonte 

Comentarios