#8M: Mazaricos peneira emocións entre a mocidade
08 de marzo de 2022 (14:31 h.)
O programa de igualdade do Concello de Mazaricos polo Día da Muller vai enfocado, en clave pedagóxica, á mocidade. O programa “Peneirando emocións”estenderase durante todos os meses de marzo e abril nos dous centros escolares de Mazaricos, o CPI a Picota e o CEIP Víctor Sáenz.
No marco deste programa, traballarase coa rapazade de infantil e primaria a intelixencia emocional para que sexan capaces identificar, regular e dirixir as súas emocións. Pola súa banda, co alumnado de secundaria o traballo irá orientado á conceptualización de xénero, como este inflúe na formación, o autoconcepto e a sexualidade.
É unha actividade financiada polo Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.
Artigos sobre o 8M
- #8M: A CIG puxo o foco na precarización dos traballos das mulleres.
- Suso Jurjo 8M: A Venus galega precisa dos brazos para vivir.
- 07-03-22: Unha cadea humana sobre a praia de Carnota para simbolizar a forza das mulleres.