Venres. 19.04.2024
El tiempo

#8M: A CIG puxo o foco na precarización dos traballos das mulleres

Concentracion 8M CIG en Carballo 2022-Foto-RebelionAluminio 2
Imaxe da concentración de Carballo-Foto: RebelionAluminio
#8M: A CIG puxo o foco na precarización dos traballos das mulleres

Pendentes aínda da Concentración convocada por Buserana ás 20:30h na praza 8 de marzo de Cee e da concentración convocada polo Círculo Feminista de Carballo na praza do Concello ás 20:00h, a Costa da Morte xa vivíu as súas primeiras accións reivindicativas arredor do Día da Muller.

A CIG foi a primeira en saír á rúa con sendas concentracións en Cee e Carballo. Unhas concentracións para denunciar a situación de precariedade que sofren as mulleres traballadoras, “precarizadas polos gobernos” tras varios anos de reformas “supostamente progresistas”.

Concentracion 8M CIG en Cee 2022
Concentración en Cee

A entidade puxo o foco en 8 ideas, vinculadas ás violencias e o acoso sufrido no traballo; á agudización da precarización laboral das mulleres coa nova reforma laboral, que afondan en máis contratos temporais, a tempo parcial e máis desemprego; a falta de dereitos de conciliación; a desvaloración dos traballos feminizados como a axuda no fogar, a limpeza…; o soldo da muller é 19% menos que o do home; as pensións das mulleres son un 35% máis baixas que as dos homes; e que os plans de igualdade quedan en “papel mollado”.

Na mesma liña, dende a área de Igualdade da Deputación de Galicia lembraron hoxe no marco da presentación da campaña “‘Mobilizadxs xti’ que “o 73% do emprego que se perdeu en Galiza foi entre mulleres; e o 87% das persoas inactivas por coidados en Galiza son mulleres”. Cifras que amosan a clara desigualdade que sofren as mulleres en materia laboral e vital.

Artigos sobre o 8M

Comentarios