Venres. 29.03.2024
El tiempo

#8M: Mazaricos peneira emocións entre a mocidade

Peneirando Emocions -Mazaricos 8m
#8M: Mazaricos peneira emocións entre a mocidade

O programa de igualdade do Concello de Mazaricos polo Día da Muller vai enfocado, en clave pedagóxica, á mocidade. O programa “Peneirando emocións”estenderase durante todos os meses de marzo e abril nos dous centros escolares de Mazaricos, o CPI a Picota e o CEIP Víctor Sáenz.

No marco deste programa, traballarase coa rapazade de infantil e primaria a intelixencia emocional para que sexan capaces identificar, regular e dirixir as súas emocións. Pola súa banda, co alumnado de secundaria o traballo irá orientado á conceptualización de xénero, como este inflúe na formación, o autoconcepto e a sexualidade.

É unha actividade financiada polo Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.

Artigos sobre o 8M

Comentarios