Venres. 19.04.2024
El tiempo

A Costa da Morte envía tres toneladas de mercadoría para os campos de refuxiados

A Costa da Morte envía tres toneladas de mercadoría para os campos de refuxiados
Nunha semana o concello de Coristanco recolliu 1800 quilos de material para enviar aos campos de refuxiados de Grecia Nunha semana o concello de Coristanco recolliu 1800 quilos de material para enviar aos campos de refuxiados de Grecia Unha vez máis, os veciños e veciñas da Costa da Morte demostraron a súa solidaridade. Dende Coristanco partirán estes días unhas tres toneladas de mercadoría cara os campos de refuxiados de Grecia tras unha campaña de recollida de material posta en marcha polo concello de Coristanco e polo de Mazaricos. No municipio coristanqués recadouse, durante unha semana, un total de 1800 quilos de material diverso - hixiene, sanitario, calzado e roupa de verán, mantas, material escolar, xoguetes, material infantil como carros de bebé, portabebés, alimentación...- e 380€ que xa foron ingresados na conta bancaria da asociación Alhambra destinados a costear o envío da mercadoría. Durante toda a fin de semana, desenvolveuse unha dura labor de clasificación, empaquetado e etiquetado do material que xa está preparado para enviarse aos campos de refuxiados. Xunto con este material, enviaranse os 1300 quilos de mercadoría recollidos en Mazaricos a través dunha campaña posta en marcha a finais do mes de marzo polo concello e na que colaboraron entidades, centros de ensino e veciños e veciñas do municipio.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios