Venres. 29.03.2024
El tiempo

O cangrexo vermello invade o encoro da Fervenza

O cangrexo vermello invade o encoro da Fervenza
Chegou ata a Costa da Morte o cangarexo vermello ou cangarexo americano de río. Esta especie, natural de Estados Unidos, ten unha grande capacidade para adaptarse a calquera ecosistema sendo unha forte especie invasora e pode convertir a súa presencia en "praga". Nos últimos anos véñense vendo con frecuencia nas marxes do río Xallas. Pero nos dous últimos meses a súa presencia xa non é puntual. A zona de Brandomil e o enconro da Fervenza xa está tomada. Apuntan que a súa aparición pode deberse aos cebos sobrantes dos pescadores. Con todo, xa notan a súa presencia os veciños, que máis de un xa o ten levado a casa e cociñado. E ata as troitas, que se están a tornar algo rosadas.

Impacto ecolóxico

Con todo, o seu potencial excavador pode producir danos no curso dos rios, e os seus hábitos alimenticios poden alterar ecosistemas nativos, ademais de competir e desplazar aos cangarexos autóctonos. De feito, zonas de Castilla y León, País Vascoe La Rioja xa sufriron as consecuencias desta praga e xa non quedan especies propias. A historia do cangrexo vermello na Costa da Morte Pero a historia vén de lonxe. E gracias ao atento que está sempre César Pérez, hoxe podemos traer un artigo que César Pérez redactou para o boletín da Asociación Micolóxico Naturista Pan de Raposo aló polo 2006, cando o cangarexo xa facía das súas no río Xallas.

Nocións micolóxicas, con José Manuel Marcote

Máis novas

Fonte

Comentarios