O Concello de Mazaricos lanza unha canle oficial de WhatsApp para facilitar o acceso á información municipal

O Concello de Mazaricos pon en marcha a súa canle oficial de WhatsApp, unha nova ferramenta de comunicación deseñada para facilitar que a veciñanza reciba de forma directa e inmediata toda a información municipal. A canle, de carácter informativo, distribuirá os contidos que se publiquen nas redes sociais oficiais do concello (Facebook e Instagram), así como toda a información de interese relativa a actividade municipal.
A iniciativa responde ao compromiso de modernización e accesibilidade que vén de desenvolver o goberno local, achegándose á cidadanía a través das canles máis utilizados no día a día. "Sabemos que cada vez máis persoas usan WhatsApp como ferramenta de comunicación habitual. Co lanzamento desta canle, facilitamos que os veciños e as veciñas poidan estar informados das novidades do concello sen ter que buscar activamente nas redes sociais", explica o alcalde, Juan Blanco.
Funcionamento sinxelo e accesible
A canle é unha ferramenta de difusión unidireccional: o Concello publica a información e os usuarios recíbena no seu teléfono móbil. Para recibir as actualizacións, chega con seguir a canle a través da i.gal/MazaricosWA, dispoñible tamén mediante código QR nas publicacións das redes sociais e nos edificios municipais.