Excarcerado un condutor tras caer co seu vehículo ao río nunha ponte de Mazaricos

12:06 25/11/19
Este pasado venres, pasadas as 21:30h, tiña lugar un accidente na estrada que une A Picota con de Quintáns. Un condutor perdía o control e caía ao río na Ponte do Batán, Mazaricos, polo que tivo que ser excarcelado polos Bombeiros de Santa Comba e oGES de Muros, e evacuado polo 061 con pronóstico reservado.
Participaron Protección Civil de Santa Comba e Mazaricos e a Garda Civil de Tráfico.