Luns. 25.05.2020
El tiempo

O Exército dos Panos recuperan a esencia máis tradicional do Entruido de Mazaricos

O Exército dos Panos o ano pasado por Mazaricos
O Exército dos Panos o ano pasado por Mazaricos
O Exército dos Panos recuperan a esencia máis tradicional do Entruido de Mazaricos

Non puideron abrir este pasado domingo o Entruido polo mal tempo. Pero os entruideiros de Arcos xa teñen armado o Exército dos Panos para esta fin de semana. O sábado 22, as máis de 50 persoas que forman tanto o Exército dos Panos como o Coro dos Vellos e o Coro dos Cegos, desfilarán pola feira da Picota e á tarde no desfile organizado polo Concello; o domingo 23 pasarán por Colúns, Beba, Corzón…; e o domingo 1 non faltarán á Festa do Bolo do Pote.

Convírtese así Mazaricos nun dos Entroidos máis auténticos de Galicia, coa recuperación de 2017, destes desfiles tan tradicionais, como nos relataba Suso Jurjo.

O Exército dos Panos


Foto histórica dos Entruideiros de Arcos nunha foto cedida por Aurora

O Exército dos Panos vai de branco, con botas de cana alta ou polainas, encinchados e con panos nos ombreiros que cruzan o torso. Estes panos que levan datan, en moitos casos, de principios do século XX. Tamén levan outros prendidos nos pulsos. Porén, o realmente identificativo son uns tocados moi vistosos, feitos de cartón e adornados con plumas e pequenas xoias. Como manda a tradición, o abandeirado abre o camiño polas rúas, seguido polo xeneral, resgardado por unha parella de gardas civís e logo, o groso do exército. O Exército desfila de xeito moi coordinado e frea para facerlle sitio aos bailadores, unha parella de mozos experimentados nos bailes tradicionais. Ao grupo, tal como di o costume, ségueno outros personaxes: o varreduiro, provisto dunha vasoira feita de follas de cebro para facerlle falcatruadas á xente ou o rabechador, armado cun pau revirado. Outras persoas disfrázanse imitando oficios peculiares: o cordeleiro, o sarralleiro, o afiador, o limpabotas; ou profesións que eran novidosas na época: o médico, o veterinario ou o fotógrafo.

Parece que a orixe destes desfiles militares está nas guerras napoleónicas de comezos do século XIX, aínda que superposta sobre as batallas de mouros e cristiáns de longa tradición. O exército dos panos relaciona o Entruido de Mazaricos con outros como os da zona da Ulla, nos que a parroquia afirmaba o seu carácter e a súa identidade colectiva e rural fronte ás freguesías dos arredores. En relación á “Guerra da Independencia”, en Mazaricos houbo un enfrontamento cos franceses na Batalla da Ponteolveira. Se reparamos no chapeu do Exército dos Panos atoparemos moitas semellanzas con aqueles gorros altos que empregaban os franceses.

O desfile do Concello

Entroido Mazaricos 2020 copia

Unha das citas da fin de semana será o sábado 22, cando a patir das 17:00h haia un completo desfile. Sairá do multiusos, co Exército dos Panos á cabeza. E haberá merendola para nenos e nenas, xogos tradicionais, inchables, obradoiro de máscaras de Entruido, concurso de disfraces e comparsas e pola noite, cocido de Entruido en San Cosme de Antes.

Novas relacionadas

comentarios