Mazaricos achégase á veciñanza ca APP "Mazaricos Informa", unha canle de Whastapp e outra de Telegram
O Concello de Mazaricos avanza na súa estratexia de comunicación de proximidade co lanzamento dunha canle oficial na plataforma Telegram: «mazaricosinforma». Esta nova vía, accesible en (t.me/mazaricosinforma), completará o ecosistema de comunicación inmediata xa existente, que inclúe a canle de WhatsApp (https://i.gal/MazaricosWA) e á app "Mazaricos Informa.
O obxectivo é claro: ofrecer á veciñanza máis liberdade para escoller como recibir os avisos urxentes, convocatorias, noticias municipais e alertas de interés público, adaptándose ás súas preferencias tecnolóxicas.
"Queremos que a información municipal chegue a todos os veciños e veciñas do xeito máis cómodo e inmediato posible. A pluralidade de canles garante que ninguén quede fóra, independentemente da ferramenta que utilice no seu día a día", sinalou Jorge Villar, tenente de alcalde. "É un paso máis na nosa aposta por unha administración próxima, transparente e adaptada aos tempos".
Máis novas