martes. 10.02.2026
El tiempo

Mazaricos achégase á veciñanza ca APP "Mazaricos Informa", unha canle de Whastapp e outra de Telegram

mazaricos informa
Mazaricos achégase á veciñanza ca APP "Mazaricos Informa", unha canle de Whastapp e outra de Telegram

O Concello de Mazaricos avanza na súa estratexia de comunicación de proximidade co lanzamento dunha canle oficial na plataforma Telegram: «mazaricosinforma». Esta nova vía, accesible en (t.me/mazaricosinforma), completará o ecosistema de comunicación inmediata xa existente, que inclúe a canle de WhatsApp (https://i.gal/MazaricosWA) e á app "Mazaricos Informa.

O obxectivo é claro: ofrecer á veciñanza máis liberdade para escoller como recibir os avisos urxentes, convocatorias, noticias municipais e alertas de interés público, adaptándose ás súas preferencias tecnolóxicas.

"Queremos que a información municipal chegue a todos os veciños e veciñas do xeito máis cómodo e inmediato posible. A pluralidade de canles garante que ninguén quede fóra, independentemente da ferramenta que utilice no seu día a día", sinalou Jorge Villar, tenente de alcalde. "É un paso máis na nosa aposta por unha administración próxima, transparente e adaptada aos tempos".

Máis novas

 

 

Comentarios