Martes. 19.03.2024
El tiempo

Mazaricos

O cole de Mazaricos, exemplo de adaptación á vida cultural virtual

Estes tempos de pandemia están afectando directamente a vida dentro dos centros de ensino. Moitos dos centros máis activos da comarca teñen que redixirir as súas actividades ao eido dixital, o que complica esa aprendizaxe baseada no “facer”, no “experimentar”.

Un bo exemplo é o do CEIP Víctor Sáenz de Antes, de Mazaricos, un dos centros acostumados a facer moitas saídas arredor dunha temática escollida cada curso. Este é o curso das aves, e de feito, antes do comezo da segunda vaga puideron desprazarse ata a ría do Burgo para visitar unha serie de aves migratorias da zona herculina cun especialista, Antonio Sandoval.

Este ano non desisten en facer actividades, e utilizan o comedor como salón de actos improvisado. “Os nenos teñen a mesa separación que no comedor e ademais non teñen que quitar o tababocas”, explica o director, o camellán Javier Sánchez Suárez. Grandes artistas infantís como Peter Punk ou Paco Pacolas pasarán polo centro para facer as delicias da cativada.

Nos últimos tempos axilizaron o enxeño virtual para “facer”. “Dende o confinamento a verdade é que participamos en moitas actividades online, por exemplo, con Afundación. Nesta situación de pandemia non nos queda outra”, explica Javier, en relación á cita que teñen este martes e este xoves. O centro inscribíronse para ver unha obra de teatro online, “Os tres osos”, de L’ estaquirot Teatre, organizada por Afundación TV. A obra represéntase o martes, e o xoves terán unha entrevista en directo co elenco da obra no que poderán formular preguntas a través de WhatsApp, fomentando así a interactividade, tentando aproximar ao máximo a súa experiencia á que terían se están no propio teatro.

Será esta a cuarta actividade online coa entidade, algunha mesmo en inglés, de temáticas como a seguridade en redes. E teñen previso “visitar virualmente” a Exposición sobre Díaz Pardo na Cidade da Cultura.

Teatro no cole con AFundacion

Infraestruturas

”A nivel de equipos, gustaría telos mellores, pero imos tirando. O que si temos é boa conexión, agora, porque ata hai 3-4 anos non pasabamos de 1 Mb. Despois de moito batallar, conseguimos un radio enlace coa CEMIT de Santa Comba, e por conexión wifi chegamos a 90 Mb, perfecta para traballar”, explica.

Radio Rosiña

O centro tamén forma pare dun proxecto da ONG Axuda en Acción, pensado para centros do rural con radio escolar. Xunto co CEIP de Baio, a entidade desenvolve unha serie de sesións formativas co alumnado e profesorado, arredor do empoderamento da muller do rural.

E precisamente aí a Radio Rosiña ten a culpa. E radio escolar xa gañou en 2019 o Concurso de Podcasts da Radio Galega cun podcast da cativada de infantil sobre o Mazarico.

Pero a actividade é frenética e xa teñen 14 podcast no programa deste 2020/2021. “A radio encántalle, motívalle moitísimo á rapazada”, sinala Javier, consciente de que esa motvación é fundamental para aprender.

Ata tal punto é a paixón, que a radio convírtse tamén en tele por momentos, como vemos na portada deste artigo e podemos comprobar no activo blog da Biblioteca do centro, onde recollen todas as actividades.

O cole de Mazaricos, exemplo de adaptación á vida cultural virtual