Juasap
Whatsapp, ou “Juasap” como diríamos por aquí; ese gran programa que cambiou a forma de comunicarnos, que cortou un bo cacho do pastel que as teleoperadoras pensaban que tiñan para elas soas. Que decir de el? Todo o mundo o coñece, e non só os novos, senón que os vellos tamén!
Fai tan só un par de aniños a maioría da xente sonaríanlle tremendamente extrañas expresións como: “veña, falamos por juasap”, ou.. “Cando chegues envíame un juasap”, pero en menos de nada pasou a formar unha parte, para algúns ata importante, da nosa vida. É tamén a razón pola que moitísima xente contrata unha tarifa de internet móvil, porque lle compensa aforrar en SMS, e porque agora el ou ela, tamén ten juasap!
Pero tanta dependencia tamén fixo xurdir os maiores temores, e as cadeas inservibles do tipo de “Manda isto a 10 persoas ou provocarás unha ruptura do texido espacio-temporal e aparte un gatiño será asasinado” non tardaron en chegar o noso benquerido Whatsapp.
A xente empezou a escoitar iso de que o Whatsapp se volvería de pago, e noo!! O noso gozo nun pozo, como poden cobrar por algo tan “esencial” como o Whatsapp?! Pero podedes estar tranquilos, non se volverá de pago, porque en realidad, xa é un produto de pago.
Para os que non o sepan, o Whatsapp funciona por licencias que van ligadas a un número de teléfono. Nos teléfonos Android, Blackberry ou Symbian esta licencia non se pagaba o principio, senón que obtiñas un periodo gratuito de 1 ou 2 anos para poder utiliza-lo servizo; non pasaba así cos iPhone, donde tes que pagar 1$ por descargarte o programa, o cal xa che dá unha licencia válida para, nada máis e nada menos que, 10 anos.
Esto en principio non é ningún problema, xa que o aforro en comparación ó gasto é tremendamente alto; e aparte o Whatsapp, non sei por que criterio, só lle invalida a licencia a uns poucos dos que lles caducou, hai moitísima xente á que lle extenden a licencia unha vez caducada, polo que moi pouca xente (excepto os usuarios de iPhone) pagaron polo Whatsapp.
Polo tanto por esta banda non deberíamos de estar preocupados, pero hai quen pensa, e así tamén circula noutras cadenas de mensaxes, que o Whatsapp se volverá de pago totalmente. Mesmo hai quen se aventura a dicir que por mensualidades, aproveitando a enorme acollida, e porque a primeira vista... parece increíble que estean regalando tremendo servicio.
Bueno, pois para tranquilizar a quen teña ese medo, dicirlles que no, eso nunca pasará. Por que? Porque romperían o seu actual modelo de negocio, moitísima xente deixaría de utilízalo, e a eles o que lles interese e que o use canta máis xente mellor. Porque aínda que non lles esteamos pagando nada directamente, eles xa están gañando cartos con nós.
Como se financia Whatsapp entón?
Como dicía, ese servizo novedoso e gratuito xerou unha dependencia tremenda, e xa suma centos de millóns de persoas en todo o mundo, de casi calquer rango de edad.
Eso fai da compañia Whatsapp Inc. unha compañía moi atractiva no mercado tecnolóxico, gran cantidad de xente depende de ela e apenas teñen gasto de xestión e mantemento. E aí é cando xurden empresas que ven unha boa posibilidade de negocio e deciden invertir nesa compañia con tan altas espectativas de crecemento.
Estas empresas inversoras albiscan unha venta futura de esta aplicación de forma millonaria, como ocorreu recentemente coa famosa Instagram (Vendida por “só” 1.000.000.000 $), polo cal esperan que esa venta lle reporte a súa vez cuantiosos ingresos en función da cantidade que invertirán.
Parece un negocio redondo, de feito xa houbo algún que outro rumor de que algunha compañía de telefonía cabreada se quería facer ca empresa con intencións nada boas para os usuarios.
Pero acabará sendo tan rentable como din? De verdad ten esa hexemonía no mercado?
Alternativas
Aquí é cando hay que analizar as alternativas o Whatsapp. E non son poucas, “ChatON, Viber, Kik, ChatPlus, Group me, Nimbuzz.....”
Pero todo parece indicar que estas aplicacións non teñen o suficiente atractivo como para desbancar ó tan arraigado Whatsapp. Bueno... estas non pero hai unha que quizais tire por terra todas as inversións e expectativas xeradas, chámase “Line”.
Line é unha aplicación japonesa que está rompendo a hexemonía que ata ahora tiña Whatsapp, e que sen duda acabará por desbancalo de todo si estes últimos non se poñen as pilas. Esta app xa ten 70 millóns de usuarios en 235 países e parte de ofrecer as mismas caracteristicas que Whatsapp, tamén ofrece outras das que carece este, como:
- Aplicación de escritorio, para chatear dende o PC cando estás na casa.
- Voip integrado, posibilidade de facer chamadas de voz gratuitas.
- Maior privacidade, non poderás ter un contacto engadido si este non che ten engadido tamén a ti na súa libreta de direccións.
- Posibilidade alternativa de engadir a un amigo polo nombre de usuario, o cal quita a necesidade de dar o número de telefono para poder chatear.
- Timeline, como o muro de Facebook, para postear reflexións, fotos etc.. como unha pequena rede social dentro da propia aplicación.
- Posibilidade de enviar “stikers”, mensaxes manuscritas, crear eventos...
E o máis importante de todo, este si é totalmente gratuito. A súa forma de financiamento, aparte das empresas inversoras, será a venta de “Stickers” premium, de compra opcional, o cal nos asegura que nunca se cobrará por él. É unha boa alterntiva, a cal de momento non está moi implementada no noso país, pero nunca se sabe se pode acabar desbancando por completo ó “todopoderoso” Whatsapp.
Pero o verdadeiramente importante e que esté metodo de comunicación gratuito seguirá estando con nós, chámese como se chame. I é normal, a tecnoloxía avanza, as conexións inalámbricas de internet dannos máis libertade á hora de utilizar a rede que temos ó noso alcance, o actual modelo de negocio de chamadas e SMS cobradas por operador está a chegar o seu fin; e o Whatsapp... é só o comezo.
Artigos anteriores de Mario Rodríguez
- Tormentas Solares. Son un perigo?.
- Pechan Megaupload. Que está acontecendo?.
- Facebook, Privacidade e Consellos.
- A “Lei Sinde” ou de “como intentar defender á industria dende o Ministerio de Cultura”.
- Conclusións da TDT e da TDT ¿HD?.
- Telefónica, esa empresa….
- Acabemos coas vuvuzelas.
- Galiza tamén a vangarda das novas tecnoloxías.
- Un futuro preocupante.
- A física non vende periódicos .
- A privacidade nas redes sociais.
- A Estación Espacial Internacional, dende a terra.
- “Fume de terceira man” .
- “Cicloxénese explosiva” .
- Paradoxas da vida, O Quentamento Global.
- ¡Deixen paso o software líbre!.
- Falando de residuos núcleares… .
- Por fin…TDT na costa da morte, guía de como sobrevivir a ela.
- Telefonos Móbiles VS. Saúde, o eterno debate.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).