Luns. 23.09.2019
El tiempo

Mazaricos acometerá a obra do Centro de Saúde ante a desidia da Xunta

Mazaricos acometerá a obra do Centro de Saúde ante a desidia da Xunta
Deficiencias no Centro de SAude de Mazaricos Deficiencias no Centro de Saúde de Mazaricos

Levan dende o Concello de Mazaricos varios meses tentando conseguir unha xuntanza co consellería de Sanidade para analizar conxuntamente as deficiencias nas que se atopa o Centro de Saúde. Unha problemática, a dos centros de saúde da comarca, que xa temos visto en Malpica, Muxía, Carballo, Zas, ou Cee.

Pero a resposta non chega, polo que o Concello tomu a decisión de levar a cabo as obras de melloro, como único xeito de rematar co problema de humidades e filtracións que vén sufrindo o edificio de cuberta plana desde que se inaugurou no 2003.

O proxecto xa está elaborado e a obra roldará os 60.000€. As melloras consistirán no cambio de toda a cuberta e na reparación de todos os danos internos que provocaron as filtracións.

Novas dos Centros de Saúde

  • Marzo 18: Malpica solicita que a Xunta realice obras no Centro de Saúde e que asuma a sua xestión.
  • Marzo 18: < href=https://quepasanacosta.gal/denuncian-qua-falta-substitucion-da-praza-de-enfermeira-no-centro-de-saude-de-muxia/>Denuncian qua falta substitución da praza de enfermeira no Centro de Saúde de Muxía.
  • Xaneiro 18: O concello de Zas denuncia o mal funcionamento do servizo de pediatría nos seus centros de saúde.
  • Outubro 17: O alcalde de Carballo transmítelle ao xerente de Xestión Integrada do Sergas a necesidade de máis pediatras no centro de saúde.
  • 07-04-16: Búscanse pediatras, de verdade, para Cee
  • Máis novas

    Fonte

  • Comentarios