Martes. 23.04.2024
El tiempo

Mazaricos entra esta fin de semana no mapa do gaélico galego

Anxo Agra e Jorge Gorrion
Anxo Agra e Jorge Villar
Mazaricos entra esta fin de semana no mapa do gaélico galego

Foi Anxo Agra, profesor de educación física da Picota que metiu o gusanillo do Gaélico en Mazaricos. Coñeceu o deporte nunha viaxe a Irlanda, quedou alucinado como se enchían estadios con ata 100.000 persoas e aproveitando as sinerxias que xenera aquí dende hai anos a Asociación Galega de Fútbol Gaélico, puxo a semente na familia do Mazaricos CF. Comezaron sendo 10 nos adestramentos, e a día de hoxe xa hai 20 persoas involucradas

Unha semente que está a piques de florecer, coa organización este sábado 26 de marzo da I Copa da Asociación de Fútbol Gaélico. O concelleiro de Deportes, Jorge Villar pono claro: “Queremos ampliar a nosa oferta deportiva e promover disciplinas novas e asociadas a valores de respecto e compañeirismo”.

Futbol gaelico en Mazaricos

O evento, que contará coa participación de algúns dos principais clubs de Galicia, terá lugar dende as 11 da mañá nos campos de fútbol da Picota (só pola mañá) e Pino de Val (dende a mañá ata a tardiña). Aí estarán os Fillos de Breogán, Estrela Vermelha, Keltoi, Lume de Beltane, Cambados, Auriense e un combinado formado por xogadores do Irmandinhos e Herdeiros de Dhais.

A partir das 14.30 xogaranse as semifinais Shield e Senior, disputándose a Final Shield ás 17.15 e ás 18h a Final Senior. Así queda o cadro

Cadro da Copa do Futbol Gaelico de mazaricos
Cadro da Copa do Futbol Gaelico de mazaricos

Comentarios