Mazaricos inviste máis de 25.000 euros nas obras de mellora do campo e do aparcamento de San Cosme
12:05 23/07/18
As obras puxéronse en marcha unha vez que a Igrexa lle cedeu os terreos ao concello
O concello de Mazaricos vén de comezar as obras do campo e do aparcamento en San Cosme dándolle resposta así a unh demanda histórica da veciñanza. Para posibilitar a obra foron precisas conversas coa Igrexa que cedeu os terreos ao concello.
Coas obras levarase a cabo a limpeza e a conservación hórreo patrimonial que hai no terreo e da casa rectoral. O investimento da obra é con fondos do concello e ascende a 25.758€. O alcalde, Juan José Blanco Riveiro afirmou sentirse moi “contento” porque “unha demanda tan repetida da veciñanza de San Cosme se faga por fin real”.
Outras obras
Dende o concello tamén sinalan que están postas en marcha as actuacións nos camiños rurais nas parroquias de Alborés, Chacín, Maroñas, Mazaricos e Vaos, orzamentadas en 82.000€. Tamén se comezou a realizar o novo camiño de Atán ao Monte Aro; unha obra destinada a mellorar o tránsito de vehículos agrícolas nas abas do monte Aro.
Por outra parte, estanse a desenvolver as obras de abastecemento de auga para Foxas, Castro e Vilar de Castro.
O concello tamén está a desenvolver o plan de desbroce duns 800 quilómetros de estradas locais e camiños agrícolas a través de empresas subcontratadas e persoal municipal e para o que se destina un orzamento de 100.000€. “É unha partida elevada”, afirmou o alcalde “pero este ano hai moita maleza polas condicións climatolóxicas”.
Fonte
- Redacción QPC ([email protected])
- Concello de Mazaricos