Mazaricos prepárase para a gran Xuntanza de Maquinaria Agrícola

08:51 04/07/17

A maquinaria que poderán ver os visitantes será das marcas máis punteiras no sector. Ademais de agrícola tamén haberá forestal e de xardín. Para complementar todo isto os visitantes terán unha exposición de vehículos de ocasión, actividades para nenos e pulpada a prezos populares. O recinto estará aberto do 10:00h as 22:00h.
O alcalde, Juan José Blanco Riveiro cre que “Xumagra é un xeito de comple- mentar a Semana Gandeira”. “Ambas actividades van destinadas a promocio- nar un sector tan fundamental para a riqueza e o emprego na nosa contorna”. Pola súa banda o presidente da Asociación de Gandeiros de Mazaricos, Óscar Blanco cre que este tipo de convocatorias “dinamizan o tecido asociativo e ofertan posibilidades e novidades ás persoas que se dedican á gandeiría e á ag- ricultura e a quen se beneficia secundariamente delas. É lóxico que un concello coas características do de Mazaricos bote a andar esta convocatoria”.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com)