Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Mazaricos reparte dispensadores de xel e realiza tests a traballadoras de SAF e funcionarios

Dispensadores de xel polos establecimentos de Mazaricos
Dispensadores de xel polos establecimentos de Mazaricos
Mazaricos reparte dispensadores de xel e realiza tests a traballadoras de SAF e funcionarios

O Concello de Mazaricos vén de realizar test do coronavirus ás traballadoras do Servizo de Axuda ao Domicilio (SAF) e ao funcionariado que estivo máis exposto ao público durante este período. Os resultados foron negativos, pero aseguran que repetirán o procedemento se comeza a haber rebrotes.

Por outra banda, tras xuntanzas telemáticas co sector da hostalería e o comercio, o Concello repartiu nos establecementos dispensadores con xel hidroalcólico e carteis coa normativa de distanciamento social e tamén adhesivos de sinalización para o chan.
Ademais a partir do luns iniciarase o reparto de máscaras infantís para os nenos e nenas do Concello.

Comentarios