Mércores. 27.10.2021
El tiempo

Mazaricos utiliza o 600.000€ de remanente para mellorar a rede de vías municipais

Mazaricos utiliza o 600.000€ de remanente para mellorar a rede de vías municipais

O pasado pleno celebrado no Concello de Mazaricos destinará, aprobou o investimento de máis de 600.000 euros para mellorar a rede de vías municipais. Uns cartos que saen do 1,5 millóns que ten aforrados o Concello no seu remanente, e que o Goberno central permite utilizar para paliar os efectos da pandemia.

Todas as parroquias de Mazaricos, un total de doce, van beneficiarse de medio cento de actuacións que comprenderán, na súa maioría, reparación de pistas de acceso a núcleos poboacionais e mais de camiños de uso agrícola, limpeza das cunetas para evitar danos pluviais e o barrido e limpeza do pavimento, que recibirá novas capas de rodadura. Cada tratamento de asfaltado dependerá do estado da vía.

Esperan que en primavera teñan concluído as intervencións e os principais camiños agrícolas mazaricáns presenten un excelente estado.

comentarios