Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O Concello de Mazaricos organiza un fam trip para touroperadores en Fitur

O Concello de Mazaricos organiza un fam trip para touroperadores en Fitur
O Concello de Mazaricos terá unha apretada axenda en Fitur, a feira de turismo de referencia en España e unha das mais importantes a nivel mundial. O alcalde de Mazaricos e dáas concelleiras asistiron a Fitur para promocionar turisticamente o concello O alcalde de Mazaricos e dáas concelleiras asistiron a Fitur para promocionar turisticamente o concello Ademais de diversas xuntanzas ao longo da semana, o xoves dará un fam trip para dar a coñecer aos touroperadores os recursos do Concello e a súa gastronomía. Acompañarano diversas persoas pertencentes á Asociación de Hostaleiros do municipio. O alcalde, Juan José Blanco Riveiro explicou que “é un xeito de que os axentes de turismo coñezan dun xeito máis próximo todas as potencialidades do noso Concello e tamén de establecer lazos con eles para a promoción de Mazaricos”. “Temos riqueza natural, patrimonial, paisaxística e gastronómica, o Camiño de Santiago, unha área con todos os servizos na Picota e, cada vez máis, unha boa oferta hostaleira”, engadiu. O presidente dos hostaleiros, Jorge Jurjo sinalou que “Mazaricos ten a cualidade de ter turismo de montaña e de praia, algo ao que os touroperadores lle dan moita importancia". Por outra banda, Blanco Riveiro tamén terá que atender multiples cuestións, dado que acude a feira de turismo tamen en calidade  de presidente da Asociación de Turismo da Costa da Morte, CMAT.

Comentarios