Mércores. 24.04.2024
El tiempo

O Proxecto Ríos avala o bo estado de saúde dos ríos da Costa da Morte

O Proxecto Ríos avala o bo estado de saúde dos ríos da Costa da Morte
As inspeccións no río Xallas calificaron de "excelente" a calidade do seu hábitat As inspeccións no río Xallas calificaron de "excelente" a calidade do seu hábitat A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia - ADEGA -  vén de presentar o seu informe anual sobre o estado de saúde dos ríos galegos realizado a través do Proxecto Ríos e no que se establece unha fotografía do estado ecolóxico dos ríos a partir das análises realizadas durante as campañas de primavera e outono. Os voluntarios e voluntarias do Proxecto Ríos analizaron os treitos altos e medios de tres ríos da Costa da Morte durante o 2015: Xallas, Mazaricos e Valdexería - Muros -. As inspeccións realizadas demostraron que estes tres gozan dun bo estado de saúde. Os parámetros que determinan o estado de saúde do río son o seu hábitat, o bosque de ribeira e a calidade biolóxica das augas. Segundo explica Paco Bañobre, coordinador do proxecto, "os resultados da Costa da Morte están distorsionados ao incluírense dentro da conca do Arco Ártabro que discorre entre Ortigueira e o cabo Fisterra". Neste amplo territorio analízanse ríos como o Mero - que desemboca na ría do Burgo - ou o Belelle - que discorre polas Pontes de García Rodríguez - e que obteñen puntacións negativas debido ao alto grao de contaminación ao que están expostos. "Na Costa da Morte non houbo ningunha inspección con valores negativos e as análises fixéronse principalmente nos treitos altos e medios dos ríos que é onde, precisamente, sufren un menor impacto ambiental" indica Paco Bañobre. Segundo se desprende do informe, presentado esta semana en Santiago de Compostela, os ríos que atravesan núcleos de poboación son os que sofren as maiores agresións ambientais. No resto da comunidade A conclusión xeral do Proxecto Ríos 2015 é que o 80% dos ríos galegos teñen bo estado de saúde. Concretamente o voluntariado  determinou que o 43% dos ríos estudados en primavera tiñan moi bo estado de saúde mentres que no outono foron o 34% dos casos. Con estado bo, as porcentaxes se distribúen da seguinte forma: 40% tanto en primavera como en outono. Para os estados moderado e deficiente temos as seguintes porcentaxes: 15% e 13% en primavera respectivamente e 13% e 13% para o outono. Estes datos difiren dos acadados durante o 2014. Tanto na primavera como no outono de 2015 ningún dos treitos estudados polo voluntariado amosou valores malos de calidade. Os treitos do río Mero que en 2014 amosaron mala calidade en outono, este ano tiveron saúde deficiente. O río Lagar - A Coruña- , que en outono de 2014 tivo calidade mala, en 2015 mellorou ata o nivel de saúde moderado. Nos últimos anos, o Proxecto Ríos detectou un incremento da degradación do bosque de ribeira que actualmente se sitúa nun 25% mentras que en estudos anteriores era do 10 ou 15%. Segundo indican os coordinadores do estudo, as causas débense, principalmente, á destrucción do hábitat polo factor humano á presenza de especies invasoras e a grave enfermidade que afecta a unha boa parte dos abeneiros. Calendario 2016 A próxima semana publicarase na páxina web do Proxecto Ríos o calendario de actividades para o 2016 e o 12 de marzo terá lugar o primeiro roteiro. O Proxecto Ríos é unha iniciativa de concienciación, educación e participación cidadá en defensa dos ríos galegos. Fundaméntase na realización de inspeccións do estado dos ríos galegos por parte de persoas ou grupos voluntarios a nivel local.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios