xoves. 01.05.2025
El tiempo

Os gandeiros ameazan con novas mobilización ante o incumprimento das medidas pactadas

Os gandeiros ameazan con novas mobilización ante o incumprimento das medidas pactadas
Gandeiros do Xallas-tiraron nos pasados meses leite a modo de protesta Gandeiros do Xallas-tiraron nos pasados meses leite a modo de protesta As mobilizacións do sector leiteiro durante o pasado verán conseguiron que as administracións se comprometeran a obrigar á industria e ás distribuidoras a cumprir unhas medidas míninas que polo momento non se están cumprindo. Así manifesta a Organización de Productores de Leche - OPL - quen valora moi negativamente o ritmo que leva ata o de agora o acordo asinado en Madrid. “De momento, -denuncia-, aínda non se formou o comité de seguimento, a nivel galego, á espera de que a nova conselleira monte o seu equipo e as previsións son que, ata finais de novembro, non estea listo o novo modelo de contrato nin tampouco o decreto que regule a comunicación dos prezos de cesión por parte da industria ao Ministerio”. O coordinador da OPL, Anxo Escariz, critica, ademais, que “como queira, no contrato non aparecen normas que fagan de obrigado cumprimento as medidas estipuladas no mesmo, pensamos que sería imprescindible incluír neste decreto que os prezos de referencia para garantir  o sostemento sexan os índices da cadea de valor do INLAC e que debería obrigar, tamén,  á industria a traspasar ao gandeiro o aumento de prezo do leite nos lineais por parte da distribución”.  Datas Tendo en conta a situación que arrastra o sector, asegura Escariz, “non nos queda outra vía que convocar aos gandeiros para novas mobilizacións a partir do 5 de novembro”. Dende a OPL lembran que as administracións central e autonómica comprometéronse a ser garantes de que o acordo de Madrid se cumpra, o cal ten que servir para que os prezos pasen a un mínimo de 0,32 € a partir de que entre en vigor o novo contrato. “Os gandeiros seremos aliados da administración e velaremos polo cumprimento do acordo de Madrid, xuntaremos información de todos os incumprimentos do citado documento e de quen os leva a cabo e no momento que vexamos que o goberno non garanta ditas condicións; deixará de ser o noso aliado e pasaremos a garantilo cos nosos medios”, afirma. Advirten que “a partir de principios de novembro, calquera primeiro comprador, industria ou distribución que non cumpra o acordo será sometida á presión, a través da información aos cidadáns das súas actividades e doutro tipo de medidas máis drásticas”. “Xa que dende arriba non foron capaces de poñer nun documento unhas pautas que garantan o cumprimento e que constaten a legalidade destas medidas, perderon, deste xeito, unha oportunidade histórica para estabilizar o sector lácteo; seremos nós mesmos os que fagamos cumprir o acordo. Non nos queda outro remedio”, remata Escariz. Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.gal)
  • OPL

Comentarios