Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Protección Civil especialízase no socorrismo en lugares de difícil acceso

Protección Civil especialízase no socorrismo en lugares de difícil acceso
A parte práctica do curso realizouse nos montes da Ruña, en Mazaricos A parte práctica do curso realizouse nos montes da Ruña, en Mazaricos Membros das agrupacións de voluntarios de Protección Civil de Santiago, Vigo, Cangas, As Pontes, Ferrol, Arteixo, Coristanco, Ortigueira e Mazaricos realizaron onte un curso de "Socorrismo e primeiros auxilios con recursos de fortuna". Os participantes aprenderon a traballar en condicións pouco favorables, nas que o lugar é de difícil acceso para os medios medicalizados e os centros sanitarios se atopan a varios quilómetros de distancia. O lugar elixido para a formación foi o concello de Mazaricos. Durante a mañá a sesión teórica levouse a cabo no telecentro da Picota e xa pola tarde se realizou a parte práctica nos montes da Ruña. Novas relacionadas Fonte

Comentarios