Sofren un novo roubo no aparcamento de subida ao Monte Pindo dende o Fieiro
01 de xuño de 2020 (11:39 h.)
”É algo habitual”, explicábanlle os veciños do lugar do Feiro á parella de visitantes que sufriron un roubo este pasado domingo, no aparcamento que hai no comezo da subida ao Monte Pindo dende o lugar mazaricán. Alguén rompeu a fiestra do coche e levou o bolso que había dentro.
Unha situación que os veciños queren facer pública para que a xente tome precaucións á hora de deixar as súas pertenzas, e para que as forzas de seguridade tomen máis medidas de protección.
Unha situación que si se repite en verán e en lugares máis turísticos como o Ézaro.
Novas relacionadas
- Maio 19: Deteñen a un malpicán como suposto autor de 33 roubos en vehículos estacionados en zonas turísticas.
- Xaneiro 19: Detidos os dous presuntos autores de 21 roubos en coches na Cascada do Ézaro