A granxa Esperante Caamaño ampliará a súa capacidade ata 462 vacas
09:19 14/08/26
A Xunta de Galicia acaba de dar luz verde ambiental á ampliación dunha nave de explotación de gando vacún de leite no
concello de Mazaricos. Trátase da expltación de vacún de leite da Asociación Esperante Caamaño SC, situada no lugar de Foxas, na parroquia das Maroñas, que implicará novas construcións e instalacións que permitirán acadar unha capacidade de 462 prazas. En concreto, prevese a instalación de tres naves anexas á corte principal e a instalación dunha fosa de xurro cuberta e unha esterqueira tamén cuberta.