Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Deteñen a un malpicán como suposto autor de 33 roubos en vehículos estacionados en zonas turísticas

Deteñen a un malpicán como suposto autor de 33 roubos en vehículos estacionados en zonas turísticas

Igual que fixera en xaneiro, a Garda Civil vén de esclarecer unha serie de 33 roubos en interior de vehiculo en zonas turísticas. Daquela os roubos tiveran lugar principalmente na contorna da fervenza do Ézaro, desta volta, o Equipo Roca da Compañía da Garda Civil en Carballo detivo a un veciño de Malpica, reincidente, como presunto autor de 33 roubos semellantes.

Os delitos producíronse tamén na contorna da Cascada Ezaro, pero ademais no Faro de Fisterra, no Santuario Virxen da Barca en Muxía, no Cemiterio dos ingleses en Camariñas e en varias praias do litoral costeiro.

O detido, de forma habitual e continuada, trasladábase desde o seu domicilio cara a zonas de gran afluencia turística, seleccionaba os vehículos onde os seus propietarios deixáronse algún obxecto á vista e tras asegurarse de que non estaba sendo vixiado, aproveitaba para romper a fiestra da unha dos portelos e subtraer do interior o que fose do seu interese.

Cando entre os obxectos que se levaba atopaba algún documento, tirábaos rápidamente desde a fiestra do vehículo desde onde se trasladaba ou en lugares apartados, evitando levalos consigo o menor tempo posible.

A Xuíza do n1 de Corcubion decretó ingreso en prisión preventiva e depósito xudicial do vehículo no que viaxaba para perpetrar os feitos delituosos

Novas relacionadas

Comentarios