Mércores. 24.04.2024
El tiempo

A VII BTT Os Picos de Mazaricos congregou máis de 200 ciclistas

BTT Mazaricos 2023 3
A VII BTT Os Picos de Mazaricos congregou máis de 200 ciclistas

Mazaricos acolleu esta fin de semana a sétima edición da súa xa emblemática BTT Os Picos de Mazaricos. Foi a primeira edición desta proba tras o comezo da pandemia. Un total de 204 ciclistas compareceron nesta BTT de carácter non competitivo e cronometrada, amosando a organización do evento a súa satisfacción polo gran volume de asistencia.

A saída tivo lugar ás 10h dende a Picota. Previamente, xa ducias de corredores se congregaban para recoller os seus dorsais no pavillón polideportivo. O percorrido incluíu puntos emblemáticos da natureza e patrimonio mazaricáns, como o alto da Ruña, cun paso neboento ou a ponte da Pontenova. A BTT organizouse en dúas rutas de 35 e 45 km, de dificultade media.

Con posterioridade á BTT, as persoas participantes compartiron uns petiscos de volta no pavillón.

BTT Mazaricos 2023 1

BTT Mazaricos 2023 4

BTT Mazaricos 2023 5

BTT Mazaricos 2023 2

BTT Mazaricos 2023 fin

 

Comentarios