Luns. 29.04.2024
El tiempo

A VIII BTT “Os Picos de Mazaricos – Da Ruña ao Aro”, gran cita ciclista

VIII BTT Mazaricos 2024
A VIII BTT “Os Picos de Mazaricos – Da Ruña ao Aro”, gran cita ciclista

Achégase a celebración da VIII TT “Os Picos de Mazaricos. Da Ruña ao Aro”, que terá lugar o domingo 14 de abril. Mazaricos prepárase así para unha nova xornada de ciclismo a través dalgunhas das paisaxes máis espectaculares da Costa da Morte e da comarca do Xallas. Un ano máis, a proba terá un carácter non competitivo e será cronometrada.

A oitava edición da xa veterana BTT contará con dúas rutas de dificultade media que suman 5 quilómetros máis que en 2023. Deste modo, o percorrido longo terá unha extensión de 50 quilómetros. O curto, de 40. Na seguinte ligazón pode consultarse os trazos de ambas.

As inscricións para a proba atópanse abertas e poden formalizarse a través da web www.sportmaniacs.com ou por medio da app Saudeter en android e ios. As persoas inscritas deben ter como mínimo dezaseis anos de idade.

Esta nova edición da BTT volve pór o foco na beleza da contorna mazaricá. O trazado das rutas discorre na súa maior parte a través de camiños rurais e forestais de grande valor paisaxístico e natural. A proba une ademais as dúas grandes alturas mazaricás, como son o alto da Ruña, cos seus 646 metros de altitude e o monte Aro, con 550.

Comentarios