Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Xurxo Lobato trae os “Camiños de Carlos Casares” a Mazaricos

Xurxo Lobato e Suso Jurjo
Xurxo Lobato e o técnico cultural mazaricán Suso Jurjo durante a presentación
Xurxo Lobato trae os “Camiños de Carlos Casares” a Mazaricos

Xa pasou por Corcubión o ano pasado, e esta semana faino en Mazaricos. A exposición fotográfica de Xurxo Lobato “Os camiños de Carlos Casares”, estará exposta do 2 ao 30 de agosto na Casa da Cultura da Picota.

O mítico fotógrafo herculino recolle para a Fundación Carlos Casares, esta serie de 40 fotografías inspiradas en textos do escritor ourensán, e na viaxe que supón o Camiño de Santiago.

A exposición, destinada a todos os públicos, permanecerá aberta dende o día seguinte ata o día 30 de agosto, en
horario de mañá, de 9:00 a 14:00 horas de martes a sábado, e de 17:00 a 22:00 horas o domingo.

A mostra, que viaxa por cinco vilas dos Camiños de Santiago, continuará o seu percorrido durante os meses de setembro e outubro por outros catro concellos do Camiño: Cervo (Lugo); Muxía (A Coruña); Viana do Bolo (Ourense) e San Sadurniño (A Coruña).

Comentarios