Sábado. 27.07.2024
El tiempo

80 persoas participaron no Obradoiro de cociña muradán

CLAUSURA OBRADOIRO Cocina Concello de Muros
80 persoas participaron no Obradoiro de cociña muradán

O Concello de Muros clausurou onte o seu obradoiro municipal de cociña, unha actividade que se celebrou no mercado e na que participaron máis de 80 persoas.

Os participantes gozaron onte dunha degustación e da realización dun prato especial de sushi. A clausura contou coa presenza da alcaldesa, María Lago, e da concelleira de Cultura e Turismo, Caridad González.
“Esta actividade, cun gran éxito de asistencia, enmárcase dentro dos obradoiros culturais municipais que se desenvolven ao longo de todo o curso, fomentando a participación cidadá e a aprendizaxe gastronómica no noso concello”, asegurou Caridad González.
 

Comentarios