A Capela da Virxe do Camiño de Muros segue olvidada


O BNG de Muros vén de preguntar no Parlamento Galego a través das deputadas Ana Pontón e María do Carmen Adán, sobre a situación das obas de restauración da Capela da Virxe do Camiño.
BNG e a Capela de MurosA Capela, cuxa construción data do século XV, foi declarada Monumento Nacional e de Interese Turístico. Pero na actualidade atópase pechada, tanto para o servizo de culto como para as visitas.
As carencias na súa conservación obrigan a obras de restauración. De feito xa se actuouo no retablo e nalgunhas imaxes, ademais de certas obras de restauración do edificio. De feito, en maio de 2008 a Xunta licitou as obras, a través do Xacobeo, por valor de 263.000e para a reparación da cuberta, impermeabilización e reparación de carpintería, cun prazo de execución de 4 meses. A empresa quebrara antes de rematar as obras polo que o santuario dende aquela continúa pechado, o que provoca un maior deterioro.
Así dende o BNG local instan á Xunta a actuar con dilixencia ao tempo que preguntan se teñen pensado actuar e en que prazo, así como se teñen feito algunha inspección para valorar o deterioro do patrimonio.
Fonte
- Nota de prensa do BNG de Muros.
- Foto de Juan Antonio Santos.