Domingo. 05.07.2020
El tiempo

A LOMCE e as Reválidas baleiran as aulas de Muros

A LOMCE e as Reválidas baleiran as aulas de Muros
Concentracion contra a LOMCE e as Revalidas en Muros-Foto-Nieves Formoso Concentración contra a LOMCE e as Reválidas en Muros-Foto-Anpa do Fontexería A comunidade educativa pensa que aínda é posible derogar a LOMCE, e por iso pide compromiso e loita a pais e nais, mestres, alumnos… Así, este mércores 25 de outubro había chamamento en Cee, Carballo e Muros, e a cousa parece que está clara. As Reválidas e a LOMCE non convencen a ninguén. Esta tarde de mércores 25 toca en Cee e Carballo, pero pola mañá, as ANPAS dos centros de ensino muradán e a Plataforma en Defensa do Ensino Público de Galicia, integrada por CONFAPA-Galicia, Ensino-CCOO, UGT, SE, IESGA, Escola Viva e STEG), convocaban unha concentración. E respondeu a comunidade educativa. As ANPAS do Ricardo Tobío, do IES Fontexería, das Insuas, do Ramón Artaza e do CEIP de Louro conseguiron baleirar ás aulas coa concentración celebrada na praza do Concello. Por exemplo, no IES Fontexería os resultados da folga foron clarificadores. Só foi a clase un dos 276 alumnos do centro de ESO e Bacharelato. Por exemplo, no Ramón Artaza, de 260 alumnos, só 36 non secundaron a folga, mentres que no Ricardo Tobío de Esteiro de Primaria, só foron a clase 28 alumnos dun censo de 117. As ANPAs denuncian que os rapaces, aínda que aproben todos os cursos, van ter que superar ata 4 reválidas na súa vida escolar. Denuncian tamén que van poder quedar alumnos de 6º de Primaria, de 4º da ESO e de 2º Bacharelato sen título a pesar de ter todas as materias aprobadas. Concentracion contra a LOMCE e as Revalidas en Muros-Foto-Nieves Formoso Concentracion contra a LOMCE e as Revalidas en Muros-Foto-Nieves Formoso Anpa do Fontexería Este foi o breve comunicado que leron na praza do concello muradán:

As 10 razóns para facer folga contra as Reválidas

- Son un modelo pedagóxico anárquico. - Os nosos fillos e filals poden ficar fóra do sistema educativo. - Desliximitan o docente. - Son realizadas por persoas alleas aos nosos fillos e fillas. - Négaselle unha titulación aos nosos estudantes. - Frenan o acceso ao bacharelato e á universidade. - Están cuestionados pola comunidade educativa. - Buscan un negocio para uns poucos. - Son precarias e sen tempo de preparación. - Loitamos pola educación das nosas fillas e fillos.
  • Non ás Reválidas. Derogación da LOMCE.
 

Novas relacionadas

Fonte

comentarios