![Abidismur prantando]()
Un grupo de 18 persoas con discapacidade intelectual de idades entre
20 e 55 anos da Asociación de Persoas con Discapacidade da Bisbarra de
Muros (ADISBISMUR), entidade membro de COGAMI, que vén sendo a Aspadex da zona da Barbanza, rematou o curso de formación de Produción de plantas en viveiros que lles impartiu Adisbismur e cofinanciaron a Consellería de Medio Rural e o Fondo Social Europeo. Un curso que ademais se completa coa contratación de varios usuarios por parte da propia entidade para os coidar os seus viveiros que ten en Valadares e Carnota.
Esta acción formativa tivo unha duración de 200 horas lectivas, preto de
dous meses, e nel tratáronse temas relacionados co coidado das plantas
como a plantación e semente, identificación de plantas ornamentais, control
fitosanitario, poda de árbores e arbustos ornamentais, manexo e cultivo de
plantas en viveiros e prevención de riscos laborais.
Formación e búsqueda de emprego
![abidismur-prantando]()
A axuda da entidade é integral, xa que ademais de formar procura un traballo para os usuarios. Os cursos de formación coma este de coidado de plantas son básicos para Adisbismur porque así poden formar aos seus usuarios nunha profesión que poden levar á práctica no centro de recursos ao que acoden a diario en Valadares e no recentemente estreado centro especial de emprego Viveiros Valadares.
Adisbismur actualmente ten 4 invernadoiros en Valadares e 2 en Carnota
cedidos estes últimos polo concello. Os usuarios do curso aproveitaron estas
infraestruturas para realizar as prácticas e proximamente algún destes
estudantes vai ser contratado no centro especial de emprego, logrando así,
o seu primeiro posto de traballo.
Novas relacionadas
Fonte
- Nota de prensa de Abidismur.