O alumnado do CEIP Ramón de Artaza de Muros descubriu o cultivo do shiitake
Este luns 9 de decembro, o alumnado de terceiro de primaria do colexio CEIP Ramón de Artaza de Muros achegouse a pé a coñecer Miceltia, unha pequena e orixinal empresa familiar de cultivo do shiitake, un fungo de orixe asiática, consumido tradicionalmente en países como Xapón e China.
Rapaces e rapazas puideron ver as diferentes fases do cultivo do fungo e incluso puideron cortalos coas súas propias mans. Manola e Juno, os donos da empresa, mostráronlles aos pequenos, de xeito moi lúdico e didáctico, o proceso de cultivo deste fungo con innumerables propiedades nutricionais.
O alumnado veu encantado de volta ao colexio coas sacas de sustato para o seu cultivo na escola. Todo un exemplo de novos emprendedores no rural que serven de exemplo ás novas xeracións.