As Carrilanas xa arrincan en Esteiro

Con forza, coma sempre, chega o cartel do XXVIII Gran Premio de Carrilanas de Esteiro-Marques de Vizhoja. Un cartel cheo de intensidade, escollido por voración a través das rrss, feito por Laura Ares Torea. E que podemos dicir do auténtico logo, que quedará para a historia das Carrilanas, realizado polo gran Luís Davila. Seguro que as camisolas venderanse coma churros!

A cita será os vindeiros 18 e 19 de xullo, con exposición de carrilanas, verbena completa, e como non a gran cita deportiva, de motor pero sen motor!

Haberá zona de durmida de balde no pavillón para que non poida faltar ningún a esta Festa de Interese Turístico.

Aquí podedes ver un resumo do Gran Premio de 2014:


Máis información

Novas relacionadas

Fonte