Venres. 19.04.2024
El tiempo

Baixada de Carrilanas accidentada en Esteiro

Baixada de Carrilanas accidentada en Esteiro

A curva do Barqueiro foi letal. Este ano, o XXV Gran Premio de Carrilanas de Esteiro 2012, festa declarada de Interese Turístico, veu algo empañada. Un accidente múltiple na devandita curva provocaba que a baixada tivera que suspendida.

Máis de 20 tripulantes dunhas 15 carrilanas, das rápidas, tiveron que ser atendidos tralo forte accidente. Así e todo non houbo feridos de importancia, e malia o susto, a seguridade parece asegurada nestas carreiras. Só unha puido chegar a meta.

Aquí vos deixamos con este vídeo de Adriana Rodríguez e outro de Kasimiro, algo máis longo.


Esteiro cheo

A seguridade e mais o éxito, pois unha vez máis o Gran Premio convertiuse no centro das miradas de milleiros de persoas. Carrilanas de toda Galicia participaron na baixada, e cual rali, a curvas e cunetas estaban ateigadas de xente, agardando que os Víctor Senras e Amador Vidais das carrilanas pasasen a toda velocidade.

Todo isto para a xornada dominical, pero Esteiro estivo engalanado toda a fin de semana. O sábado, ademais da toma de contacto e a pole position, o público puido disfrutar da exposición das mesmas. Verdadeiras obras de enxeñería as que se presentan a esta cita, que de seguro, vai durar moitos anos, a pesar das vicisitudes...

Máis información

Comentarios