Martes. 16.04.2024
El tiempo

Trasouteiro volveu gozar coas carrilanas

Trasouteiro volveu gozar coas carrilanas
Carrilanas Trasouteiro 2013-Foto- Roberto Rua

Pouca participación na XXII Baixadas das carrilanas de Trasouteiro, pero o tempo acompañou e numeroso público abarrotou as cunetas da baixada. Ademais, non houbo que lamentar ningún accidente coma na cita do ano pasado.

Na baixada cronometrada tan só Playboy non dou chegado ameta tras unha saída de pista, pero si puido facer a baixada conxunta final.

Na baixada final Tajeas Vimio Team aproveitouse de saír na primeira posición, tralo mellor tempo da fase cronometrada, e trastapar ben A Javilla e Reventavalados nas primeiras curvas acabou gañando cun tempazo e revalidando o título que conseguiran o ano pasado.

Así, finamente, os tres primeiros clasificados na carreira recibiron un premio, e ademais o Trofeo deseño á Carrilana máis elaborada foi para o Gerente (Esteiro).

Carrilanas Trasouteiro 2013-Ghanan Style entregando o primeiro premio a Tajes Team

Cronometraxe dos tempos das Carrilanas da XXII Baixada de Trasoutero

NOME CARRILANA TEMPO REAL POSTO
Tajeas Vimio Team (Vimianzo) 1’ 37’’ 02
A Javilla (Esteiro) 1’ 38’’ 61
Reventavalados (Vimianzo) 1’ 42’’ 77
Brincadeira (Vimianzo) 1’ 45’’ 40
Palcos Vimianzo (Vimianzo) 2´ 08” 40
Gerente (Esteiro) 2’ 32’’ 43
Playboy (Laxe‐Vimianzo)  ‐ 

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios