Bárbara Bouzas presenta na casa a súa cuarta novela

Falabamos con ela en 2019 co fallo da presentación da triloxía “Lágrimas”. E completada a intensa triloxía, a escritora Bárbara Bouzas tiña gañas de de lanzar unha novela romántica, e aí está, recén saída do forno “No entrabas en mis planes”, editada por Entrelibros Editorial. Este sábado 11 de novembro ás 18:00h terá lugar no Local de Sel a presentación oficial.

Esta muradá de 33 anos, estudou Crimiloxía e traballa dando clases particulares. Con todo, “sempre me gustou crear contos pero non me decidín a escribilos ata 2018 cando publiquei o meu primeiro libro: “Lágrimas de Hielo”, o primeiro da triloxía de “Lágrimas”, cóntanos.

”A verdade é que cando escribo non penso no que vou escribir, xorden, veñen a min sós. É dicir, non teño que esforzarme para pensar na historia, é coma se mo contasen os personaxes e eu a puxen en papel. Parece raro, sei, pero non sei outra forma de explicalo”, relátanos.
”Polo tanto No entrabas en mis planes creouse un pouco así. O que tiña claro era que quería unha historia máis fresca, curta e entretida. Vin de escribir “Lágrimas”, que estaba cheo de intensidade, de amor si, pero tamén de dor, acción, engano e violencia. E esta vez quería contar algo diferente. Espero que tamén lle guste á xente!!”, sinala coa ilusión do primeiro libro.

Sinopse de “No entrabas en mis planes”

Que pasaría se durmiras co amor do teu mellor amigo sen sabelo? Dirías a verdade ou actuarías coma se nada pasase?
Abril quere un cambio de escenario, tal e como fixeron os seus amigos hai uns anos, e Londres é unha cidade tan boa como calquera para moverse e comezar de novo. O único inconveniente é que todo, excepto o amor, entra nos seus plans. Porén, o destino preparou para ela o home perfecto pero, por desgraza, intocable. Jeremy é todo o que unha muller pode querer. Un home polo que calquera suspiraría sen darse conta. Unha desas que che fan dar a volta no medio da rúa para notalo. O gran problema de abril chegará cando descubra que é o mesmo polo que a súa amiga bebe os ventos, e ela... Ela xa cometerá un erro do que non haberá volta atrás: namorarse.
E se a persoa á que anhelas ten todo o que desexas?

Como facerte cun exemplar

Se queres facerte cun exemplar podes mercalo na presentación, ademais de na web de Entre libros editorial. Tamén pode encargarse en calquera librería, a través de La casa del libro, El Corte Inglés, Amazon… e se prefires en formato dixital xa está na meirande parte das plataformas dixitais.

NOVAS RELACIONADAS