Bárbara Bouzas presentou na casa a segunda novela da “Triloxía Lágrimas”

En xaneiro presentaba a primeira parte da “Triloxía Lágrimas”, e este pasado sábado facía o propioa coa segunda novela. “Lágrimas de dolor” veu a luz na Fábrica de Sel, arroupada pola súa veciñanza, contenta de ver como a escritora muradá segue medrando, pasando en apenas dous anos de enviar unha proposta ao concurso de ‘’Novela romántica juvenil y New Adult LxL Editorial’’, a publicar xa dúas novelas con LxL Editorial.
Bárbara contou que a primeira parte, “Lágrimas de hielo”, “parece que gustou moito e a maioría da xente que a leu estaba esperando a segunda parte con ansia”. Porque ”Lágrimas de dolor” continúa coa historia de “Lágrimas de hielo”, e de feito este acaba nun momento que engancha bastante, e os lectores queren saber que vai pasar nesta historia situada en Rusia.
Bouzas está moi contenta con todo o que rodea o libro, e espera que esta segunda se venda e se lea tanto como a primeira. “Vendeuse máis do que me pensaba”, recoñece. “E en Muros comprouno e leu moita máis xente do que pensei. E Tamén en dixital leuse bastante”, valora esperanzada.
Fotos de Xosé Sendón
Novas relacionadas
- Entrevista en QPC: A muradá Bárbara Bouzas presenta na casa a súa primeira novela… dunha triloxía.