Martes. 16.04.2024
El tiempo

O Castelo Rock coincidirá co Apóstolo

Castelo Rock Festival 2020 Muros
O Castelo Rock coincidirá co Apóstolo

Xa coñecemos o primeiro adianto da XVII edición do Festival Castelo Rock de Muros. Un festival que este 2020 coincidirá coas festas do Apóstolo, e se celebrará os días 24 e 25 de xullo.

Despois do rotundo éxito do 2019, a familia traballadora da Asociación Cultural Recreativa Deportiva Praia do Castelo avanza xa en novembro as primeiras 5 bandas.

A primeira das bandas a ser confirmada é “Viva Belgrado”. Dende Córdoba chega unha das bandas máis importantes da escena underground estatal. Con “Flores, Carne “ saltaron á fama, que reafirmaron 2 anos máis tarde co seu tan esperado álbum “Ulises”, chegando a ser considerado top 1 na sección hardcore/punk no 2016. Un crú directo, con poesía, punk e hardcore que farán que non pasen desapercebidos por terras muradás.

Sorprende, pero só relativamente, a presencia de Toundra, unha banda de Rock Instrumental emerxente, avalados por xiras mundiais.

Nunca faltan os clásicos, este ano é Segismundo Toxicómano. “Sangre Fácil”, o novo disco que acaban de sacar os de Vitoria-Gasteiz será protagonista da descarga punk no #castelorock2020.

Outro clásico, desta vez do metal, que aínda que estivo presente en moitas quinielas para o festival en edicións anteriores, nunca tocara. Hamlet, con influencias de grupos como Pantera, Slayer ou Sepultura, con 26 anos de traxectoria .

E os grupos locais tamén serán protagonistas. Desta vez, será Golpe Radikal quen de, por agora, o toque da costa o escenario do Castelo Rock. Os veciños da Pobra do Caramiñal, ademáis do rudo Hardcore que os caracteriza, parece que este ano veñen cun regalo baixo os brazos, e non é nada máis nin nada menos que o seu novo álbum de estudio, no que están a traballar duramente para poder sacalo ao mercado o antes posible. Un pracer contar sempre con artistas da casa.

A día de hoxe xa podes coller por tan só 19,95€ o bono de dous días en ww.castelorock.gal ou en www.wegow.com. As ofertas irán subindo!

Novas relacionadas

Comentarios