Sábado. 27.04.2024
El tiempo

‘Muros Hoxe', o novo servizo de información municipal vía Whatsapp do Concello de Muros

MUROS HOXE Concello Muros whastapp
‘Muros Hoxe', o novo servizo de información municipal vía Whatsapp do Concello de Muros

Outro Concello que se anima a enviar a información municipal aproveitando o poder das canles dixitais. Concellos como Santa Comba ou Laxe xa utilizan un sinxelo, pero moi útil, sistema de comunicación directa coa veciñanza, como é o xa universal Whastapp.

‘Muros Hoxe' é o nome que lle pon o Concello de Muros á nova canle de comunicación que lle permitirá á veciñanza estar informada de todo o que ocorre no concello a través do seu móbil e de xeito instantáneo.
Con este novo servizo, os veciños e veciñas poderán coñecer as últimas novidades sobre a actividade municipal, a axenda cultural, obras, avisos
urxentes e outras noticias e informacións de interese.

O servizo consiste nunha lista de difusión, non é un grupo no servizo de mensaxería, polo que os usuarios non terán acceso aos datos ou información do resto dos rexistrados/as na canle de WhatsApp.

Para acceder a esta canle de whatsapp do Concello de Muros, só hai que agregar á axenda de contactos o número teléfono 626 861 270 e enviar unha mensaxe coa palabra ALTA.

Comentarios