O Concurso de Comparsas de Muros inclúe as categorías de Carrozas e Murgas

A comparsa Rueirada no Entroido de Muros de 2019-Foto-Manuel Maria Candamo

Concello de Muros organiza un ano máis o Concurso de Comparsas do Entroido, que terá lugar o domingo 2 de marzo.  Nesta edición, repartiranse 3.525 euros en premios entre as diferentes categorías establecidas, destacando dúas novas modalidades que se incorporan este ano: carrozas e murgas. Ademais, coma sempre haberá concurso de disfraces individual, de grupos e de comparsas. 

A saída do desfile realizarase dende A Virxe do Camiño e percorrerá as rúas de Muros ata chegar ao Curro da Praza, onde terán lugar as actuacións, a valoración do xurado e a entrega de premios.

As persoas, entidades e grupos interesados en participar poden inscribirse dende mañá, 19 de febreiro, ata as 14:00 h do 26 de febreiro. 

Toda a información e os formularios de inscrición están dispoñibles na páxina web do Concello (www.muros.gal).

Máis novas

Máis citas do Entroido