Carmiña e Doña Roxelia, protagonistas do Entroido de Muxía

O Entroido de Muxía terá como grandes protagonistas este ano a Carmiña e Doña Roxelia, dúas personaxes moi especiais da Escola de Teatro Local que serán as encargadas de presentar a Gran Festa do Entroido do sábado 1 de marzo no Malecón.
A festa estará amenizada por Chorizo Criollo, que fará vibrar a toda a vila e despedirá a celebración cun fin de festa cheo de ritmo e sabor, mentres degustamos as nosas tradicionais filloas e orellas.
Outra das citas do entroido será inauguración da exposición "Viaxe polo mundo da máscara", de Mercedes Vázquez Saavedra, unha artista de recoñecida traxectoria que nos levará a descubrir a maxia das máscaras de diferentes culturas.
E para pechar o Entroido, rescatan o Enterro do Percebe! Unha tradición única na Costa da Morte que queremos recuperar coa axuda da Escola de Teatro e os Xaramiños do Corpiño