Carnota monta no tren do Entroido

O mes de marzio vai arrincar en clave de festa en Carnota. O Entroido arrinca o sábado 1 de marzo, e toda esa ponte será de troula total.
O gran día é o sábado 1 de marzo, co Tren do Entroido visitando as parroquias. A rapazada poderá subir e pasear pola parroquia dentro do tren durante uns minutos. O tren dispón de 23 prazas e realizará as seguintes paradas: O Pindo (no Porto sobre as 11:00 h), San Mamede (no Campo do Viso sobre as 12.30 h), Lariño (no Centro Social Xosé de Torea sobre as 15:45 h), Lira (diante da Casa do Mar sobre as 16.30 h) e Carnota (diante do Concello a partir das 18:00 h).
Pola tarde, a xa mítica Batukada “Bloco Breogá”, coa agrupación de percusión carnotá Bloco Breogán, rematando coa gran Festa de Entroido Holi para que haberá que ir vestido de branco, coa idea de que as roupas queden cheas de cores ao final da tarde. Trátase dunha festa onde a xente bailará ao son da música mentres que do ceo caerán centos de pigmentos de cores, para ao final quedar corpos e roupas cheos de po colorido. Seguidamente daremos un paseo en familia ó redor do Concello moi especial e divertido, con lanzamento de foguete incluído. Na festa haberá churros e venta de augas e refrescos.
A partir das 17.30h, dispois do concurso, comezarán os obradoiros de entroido para a rapazada, un de Chapas e outro de máscaras e contaremos tamén cun DJ en cabina móbil..
Esa mesma tarde no Pindo, haberá un desfile da comparsa Pedramar e de entroidos libres dende as 18.30 h polas rúas da parroquia, organizado pola ACDR Pedramar. A partir das 21.30 h, festa rachada no local social do Porto con DJ e lacoada. As persoas interesadas en participar poden chamar ao 699 171 088.
Xa o luns, ás 11.30 h a 13.30h, no Pavillón de Carnota, Festiña de Entroido da man de Somos Enredos para a rapazada dende os 3 anos en adiante, con inchable, obradoiro de cociña infantil de entroido e un obradoiro de tatuaxes infantís.
Para o martes, tamén pola mañá Salón de Actos do Concello, sesión de Danzacontos “O carnaval do Brasil” para as familias (dende 1 a 6 anos) da man de Viaxando coas anduriñas.
E o mércores, en clave de concienciación, Xogos deportivos con Fer, para a rapazada de 6 a 14 anos, no pavillón de Lamas de Castelo.
Para inscribirse pasen pola web municipal.