mércores. 30.04.2025
El tiempo

Fisterra abre a inscrición para o envexable Concurso de Comparsas do Entroido

Entroido Fisterra 2024-Corporacion
A corporación sempre é un dos reclamos do entroido fisterrán. Na imaxe, a estampa do ano pasado
Fisterra abre a inscrición para o envexable Concurso de Comparsas do Entroido

Xa comeza a arrecender a retranca pola Costa da Morte, unha vez que o Entroido máis tradicional da Costa da Morte lanza as súas bases para o gran Concurso de Comparsas, que se celebrará o martes, 4 de marzo ás 18:00h, no pavillón.

Un concurso que é a envexa da comarca gracias a esa retranca natural e a esa posta en escena tan currada por parte das comparsas locais, pero que ten tamén a porta aberta á participación de grupos doutros puntos da comarca.

A contía dos premios será potente, con 1.700 para o gañador, 1.400 para o segundo e 1.200 para o terceiro; pero tamén o resto das comparsas participantes levarán 350€.

A inscrición para as comparsas será do 6 ao 20 de febreiro a través da web municipal.

Ademais, o Concurso infantil e de adultos de disfraces vaise celebrar o domingo, 2 de marzo, ás 17:00h na praza da Constitución de Fisterra, e a inscrición será o propio día, na praza da Constitución de Fisterra, en horario de 16:00 a 17:00h

CRÓNICAS DO ENTROIDO FISTERRÁN

Comentarios